Curso de formación para persoas acompañantes das produtoras e produtores para o Centro de Transformación Alimentaria de A Fusquenlla.
Agroalimentaria do Eume, en colaboración cos concellos de San Sadurniño e Moeche, organiza un Curso de formación para persoas acompañantes das produtoras e produtores para o Centro de Transformación Alimentaria de A Fusquenlla.
O curso, cunha duración de 5 horas, celebrarase o día 24de xuño de 2023 na Casa da Cultura de San Sadurniño, e será impartido pola Tecnóloga dos Alimentos Esther Vázquez Carracedo. Estes curso está destinado únicamente para persoas derivadas por aquelas que teñan xa o coñecemento certificado sobre o funcionamento das instalacións e da maquinaria pode coordinarse cos grupos de traballo para facer os seus produtos transformados en A fusquenlla. O obxectivo do curso é facilitar que estas persoas que transforman na Fusquenlla podan contar con alguén que lles bote unha man na manipulación da materia prima e outros procesos, sempre baixo a súa supervisión.
Os contidos estarán orientados ás cuestións básicas para poder realizar traballos de apoio ás persoas coa formación necesaria para operar no Centro de Transformación: Hixiene alimentaria -posibles intoxicacións, tipos de conservación, requisitos de limpeza persoal e dos espazos, alérxenos, etc.-; Prevención de riscos laborais -especialmente os referidos á manipulación dos alimentos e da ferramenta de corte-; e os rexistros e protocolos preventivos da contaminación dos alimentos.
O curso é gratuito, se ben as prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir deberán realizar unha inscrición previa, ben a través do correo electrónico agroalimentaria@euroeume.org, ben a través da reserva no grupo de whatsapp no que están apuntadas todas as persoas que fixeron a formación como transformadores de A Fusquenlla
Este curso realízase grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, a través das axudas FOENAA 2023, das que é beneficiaria Agroalimentaria do Eume