EXPEDICIÓN DE AUTORIZACIÓNS COUTO MICOLÓXICO MONTE FORGOSELO

TIPOS DE AUTORIZACIÓNS E PREZOS:

CATEGORÍA 1: Para persoas asociadas da AVV Monte Forgoselo, Gratuitamente terán dereito a un permiso para o aproveitamento con fins recreativos ou de consumo propio, que poderán utilizar  para recoller ata un máximo de 2 kg por persoa e día.

CATEGORÍA 2: SÓ FINS DE SEMANA E FESTIVOS

Público xeral:

  • Cuota permiso diario 5 €/persoa e día
  • Cuota permiso para saídas de asociacións: 3 €/persoa e día
  • Cuota permiso anual 35 €/persoa e ano

Formas de pago e lugares expedición:

Pago con VISA/MASTERCARD  nesta web

Pago con Paypal

Transferencia: Na conta corrente da Asociación Agroalimentaria do Eume
ES79 2080 0220 9230 4000 6209
Indicar no concepto: Día/Mes/Nome/DNI

Físicamente,  no bar “3×4”, en As Neves

CATEGORÍA 3: Para fins didácticos ou científicos. Só con cita cita concertada e para FINS DE SEMANA E FESTIVOS. Deberase presentar a identificación do grupo, o DNI do responsable e un listado con Nome e DNI de cada membro. Recollida máxima para todo o grupo de 5 unidades representativas enteiras por especie.

CATEGORÍA 4: Para recolectores con fins comerciais, que é todo aquel que exceda da cantidadede 2 kg/persoa e día. As persoas interesadas en obter este tipo de permisos deberán realizar unha solicitude á AVV Monte Forgoselo. As persoas interesadas en participar como recolectores para a posterior comercialización que realizan a AVV Monte Forgoselo e a Agroalimentaria do Eume, poden comunicarse coa asociación a través do noso correo electrónico: pedidos@agroalimentariadoeume.org