Chega o antroido, e supostamente deberíamos estar a pasar frío. É a razón de ser de que sexa tempo de cocido, pero con este tempo xa non sabe un a que atenerse… Vou xantar un cocido ou mellor unha ensalada cun filete de terneira “Produto do Eume” para tomar nestes días de “inverano” a 20º C?
Unha boa sopa de cocido, os grelos de Monfero ou repolo, chourizo e garbanzos para acompañar calquera parte do porco que che satisfaga, costela, cachola, lacón, touciño, carne fresca, solana, rabo,… un pouco de xarrete da terneira Produto do Eume. Cociñados con paciencia e cariño, regados cun bo viño tinto do país e en boa compañía son un dos maiores praceres na gastronomía invernal. E de postre unhas orellas, filloas, requeixón Campo Capela con mel de Aga Eume ou calquera outro que se vos ocurra, e para pechar o xantar un café de comercio xusto e un chupito dixestivo de Meigas Fora. Que máis podemos pedir??? Pois claramente que faga un pouco de frío para darlle sentido a semellante inxesta.
Xa podedes descargar a folla de pedido para a vindeira semana. Nela atoparedes os produtos necesarios para facer unha ensalada feita con produtos locais e ecolóxicos, e moitos outros dos que utilizamos para facer un cocido, ou calquera outro plato máis invernal. E lembrade que na Agroalimentaria do Eume entregaremos a domicilio o voso pedido durante a semana.
Descargar folla de pedido para a semana do 20 de febreiro
Carne de tenreira “Produto do Eume, lácteos elaborados con leite cru na cooperativa Campo Capela, mel de Aga Eume, hortalizas ecolóxicas de produción local, froita ecolóxica, repostería artesanal de As Pontes, marmeladas de Arela, licores de Meigas Fora, produtos de comercio xusto,… un amplo surtido de produtos de calidade.
Deje su comentario