A obtención de beneficio nun negocio non pode constituir unha excusa para ignorar as normas, valores e estándares básicos dun bo cidadan. En Paralelo 13 aspiran á excelencia do produto sen renunciar á excelencia do proceso productivo e comercializador, razón pola que Paralelo 13 sustenta o seu modelo de negocio sobre unha aposta ética sólida. Só desde esta práctica o produtor poderá recibir a xusta remuneración ao seu esforzo e risco, recollendo un maior beneficio reinvertible na mellora da súa produción, da súa calidade de vida e a de aqueles que participan con él no proceso produtivo.

Xusto reparto do beneficio

Mediante a participación do produtor na cadea de valor do seu produto, reducindo a cadea de intermediarios, achegando a produtor e consumidor e permitindo ao produtor manterse inmune frente a prácticas especulativas dos mercados financeiros internacionais.

Responsabilidade Medioambiental

Premiando ao productor que aposta pola sostenibilidade, polo mínimo impacto ambiental, facendo seu un manual de boas prácticas que redunden na sostenibilidade do modelo produtivo e a calidade do produto. Apostando por unha variedade, a arábiga, que se cultiva baixo a sombra de bosques autóctonos, reducindo o impacto da actividade agraria nos ecosistemas.

Respeto polo consumidor final

Mediante un modelo que permite o seguimento íntegro da trazabilidade do produto, consecuencia directa da reducción de intermediarios e manipuladores, da existencia dunha liña directa e permanentemente aberta de comunicación entre produtor e consumidor.

O Café

Paralelo 13 compra o café producido por “Milo” Gutierrez na súa finca Loma Fría, no corazón da Cordillera de Dipilto, en Nicaragua. Unha vez recolectado o café chega a Galicia en verde, onde, dependendo da demanda, van tostando e moendo o produto. Ao recibir o produto faise unha selección dos lotes, para elaborar dúas liñas de produto de diferente calidade: Os mellores grans destínanse á Loma Fría, mentres que o resto da produción envásase baixo a marca Paralelo 13.

Desde esta semana Agroalimentaria do Eume está a comercializar os seus produtos. Se queredes coñecer máis desta iniciativa podedes visitar a súa páxina web