A Asociación Agroalimentaria do Eume e todos os seus asociados queremos deserxarvos un Bo Nadal a todos. Boa comida, boa bebida e boa compañía 😉
E para o que se aproxima na próxima semana, engadimos tamén neste post o listado de produtos dispoñibles para que organicedes o voso menú de Fin de Ano: Carne de terneira «Produto do Eume», produtos de apicultura da «Casa do Mel», diversos produtos de horta ecolóxica para acompañar os vosos pratos, lácteos da cooperativa «Campo Capela», e para os postres manteigados e polvoróns artesáns de As Pontes, doces navideños ecolóxicos, e para rematar a festa os deliciosos licores de «Arela» ou de «Meigas Fora».
Os pedidos poderán chegar ata as 12 da noite do luns 26 de decembro, e realizaramos o reparto os días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.
Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.
Saúde e bos desexos para todos
Deje su comentario