Non non marchamos de ponte, peero temos que facer algúns cambios no modo de funcionamento habitual. Desde este post podedes descargar a folla de pedidos para a semana do 5 de xaneiro. Con motivo dos festivos temos que adiantar un pouco a entrega dos pedidos aos nosos asociados, que tamén teñen dereito a disfrutar dos festivos ;). Así os pedidos poderán chegar antes das 14.00 horas do luns 5 de decembro, e realizaramos o reparto o día habitual, o mércores para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño, pasando a repartir o venres nas comarcas de Betanzos, Mariñas e A Coruña. Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.
Esta semana temos unha ampla variedade do froita ecolóxica, e tamén incorporamos algúns doces ecolóxicos clásicos do nadal: turrón, polvoróns,…
Tamén podedes facer pedido das mermeladas artesanais de Arela, tanto das variedades tradicionais, elaboradas con azucar, como das elaboradas con sirope de ágave.
Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.
Esta folla de excel actualízase semanalmente en función das disponibilidades, variando principalmente os produtos de tempada. Este listado pódese ampliar con outros produtos en función do que nos podades suxerir: aceites, outros produtos ecolóxicos, conservas, legumes, fariñas…
Deje su comentario