Xa podedes descargar a folla de pedidos para a semana do 7 de nobembro. Os pedidos poderán chegar ata as 12 da noite do luns 7 de novembro, e o reparto realizarase os días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.
Esta semana temos moitas reincorporacións entre os produtos de horta: leituga, ceboletas, remolacha, acelgas, berza, os primiros grelos,… Tamén incorporamos algunhas froitas ecolóxicas: chirimoya, mazá golden, mandarina,…
Tamén podedes facer pedido das mermeladas artesanais de Arela, tanto das variedades tradicionais, elaboradas con azucar, como das elaboradas con sirope de ágave. Algúns dos sabores dispoñibles son: arandos, amoras, amorodos, framboesa vermella e negra, alquequenxe e grosella casis.
Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.
Esta folla de excel actualízase semanalmente en función das disponibilidades, variando principalmente os produtos de tempada. Este listado pódese ampliar con outros produtos en función do que nos podades suxerir: aceites, outros produtos ecolóxicos, conservas, legumes, fariñas…
Deje su comentario