Agroalimentaria do Eume está a comercializar lotes de carne de terneira do Forgoselo de 5 e 10 kgs. Cada un dos elementos que compoñen estes lotes vai envasado ao vacío, para favorecer a súa conservación.
A carne procede da explotación da Asociación Monte Forgoselo, que cría en extensivo aos terneiros no espazo protexido Xuvia-Castro, onde se coida cada detalle da súa crianza para obter un produto o máis natural posible.
Os terneiros medran en réxime de semiliberdade en zonas de pasto controladas dunhas 80 ha, neste periodo a alimentación basease no leite da nai e nos pastos. Entre os 6 e os 8 meses os animais pasan ao cebadeiro en pequenos grupos. No cebadeiro coidanse moito as condicións de benestar animal, os becerros teñen cama de palla, superficie para moverse e un sistema de alimentación automático a base dun composto de cereais e herba seca.
Alí permanecen durante uns 90 días, ata que cumpren os 11 ou 12 meses. Unha vez sacrificado o animal, antes de proceder a súa comercialización, pasa por un periodo de maduración mínima de unha semana, para favorecer a calidade do produto final.
O resultado deste proceso de crianza é unha carne máis tenra, xugosa e saborosa, cunha cor máis escura e cunha infiltración de graxa, similar á do vacún maior.
De momento, ata que se poña en funcionamento a tenda online da agroalimentaria, os pedidos entregaranse a domicilio só nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar os seus pedidos a través dos teléfonos 981 440668 e do 881 951366, ou ben a través do correo electrónico pedidos@agroalimentariadoeume.org
Deje su comentario