Levaranse a cabo durante todo o mes de febreiro e están organizadas polo xornal Pegadas, Agroalimentaria do Eume e EumeTurismo
Un total de 22 restaurantes da zona únense para participar nas I Xornadas do Lacón con Grelos, organizadas por Agroalimentaria do Eume, EumeTurismo e o xornal Pegadas, publicación que edita a Asociación EuroEume.
Grazas a esta iniciativa, durante todo o mes de febreiro, en calquera destes locais hostaleiros poderase degustar o xantar típico do Antroido galego, o lacón con grelos.
Participan nestas xornadas: Cantina Casa Capellán (Monfero), Cantina O Francés (Monfero), Restaurante Andarubel (Pontedeume), Casa Rafael (Monfero), Cantina Casa Pepe (A Capela), Casa Toñita (A Capela), Casa Teresa (As Pontes), Mesón A Lareira (Cabanas), Mesón A Granxa (San Sadurniño), Casa Peizás (A Capela), Hotel Fraga do Eume (A Capela), Mesón O Martínez (As Pontes), Cinco Jotas (As Pontes), Casa Díaz (As Pontes), O Bar de Xota (As Pontes), O Encontro (Xermade), Restaurante Taybe (As Pontes), Mesón de Pepe (As Pontes), Restaurante Ana (As Pontes), O Pote (Narón), Mesón de Tony (Neda) e Restaurante Espíritu Santo (Sada).
Así mesmo, nun ano marcado pola escaseza desta hortaliza debido ás condicións meteorolóxicas, Agroalimentaria do Eume ofrece a posibilidade de mercar grelos da zona a través da súa páxina web www.agroalimentariadoeume.org. Son precisamente estes grelos do Eume acompañados de lacón, pero de lacón de porco celta, os que formarán parte do menú que se sirva no restaurante Andarubel situado na estrada que une Ombre con Caaveiro, a carón do Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural das Fragas do Eume.
Deje su comentario