Agroalimentaria será beneficiaria das axudas de Promoción Económica da Deputación de A Coruña

No BOP do pasado xoves, 16 de novembro, publicouse a concesión definitiva das de subvencións correspondentes ao programa FOENAA 2023, do departamento de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

Agroalimentaria do Eume é beneficiari adunha axuda de 8.500 € para un proxecto que ten como obxecto o impulso á transformación e comercialización de produtos agroalimentarios das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal. Na solicitude o proxecto contemplaba a realización de diversas actividades, que se agrupan en dúas grandes liñas: por unha banda, para fomentar a transformación e acelerar a posta en marcha do Centro de Transformación Alimentaria de A Fusquenlla, no concello de Moeche, contémplase a realización de dúas actividades formativas para persoas acompañantes ou de apoio á transformación para as persoas coa formación necesaria para elaborar produtos en A Fusquenlla, xa realizadas nos meses de xuño e setembro, e que contaron coa participación de 40 persoas, e por outra banda a realización de analíticas nutricionais e microbiolóxicas dos produtos vexetais transformados en A Fusquenlla, correspondentes ás receitas aprobadas pola Asesora en Teconoloxía dos Alimentos que está a traballar cos produtores. Por outra banda, de cara á posta en marcha do proxecto Ecocomedores, no que se está a traballar en colaboración coas Asociacións Seitura 22 e Euroeume, contemplábase a contratación dunha persoa para realizar o traballo de planificación, asesoramento  e selección de variedades coas persoas produtoras  de horta que se incorporaron a este proxecto, que se botou a andar na primaveira deste ano.