EXPEDICIÓN DE AUTORIZACIÓNS COUTO MICOLÓXICO MONTE FORGOSELO

MERCAR A AUTORIZACIÓN

TIPOS DE AUTORIZACIÓNS E PREZOS:

CATEGORÍA 1: Para socios da AVV Monte Forgoselo, Gratuitamente terán dereito a un carnet identificativo válido para o aproveitamento con fins recreativos ou de consumo propio, que poderán utilizar todos os días da semana para recoller ata un máximo de 2 kg por persoa e día.

CATEGORÍA 2:

Público xeral: cuota 6 €/persoa e día

Formas de pago e lugares expedición:

Pago con VISA/MASTERCARD  nesta web

Transferencia: Na conta corrente da AAVV Monte Forgoselo:
ES79 2080 0220 9230 4000 4269
Indicar no concepto: Día/Mes/Nome/DNI

Físicamente,  no bar “6×8”, en Sande

CATEGORÍA 3: Para fins didácticos ou científicos. Permitirase o acceso gratuito a grupos con cita concertada. Deberase presentar a identificación do grupo, o DNI do responsable e un listado con Nome e DNI de cada membro. Recollida máxima de 5 unidades representativas enteiras por especie.

CATEGORÍA 4: Para recolectores con fins comerciais, que é todo aquel que exceda da cantidadede 2 kg/persoa e día. A persoa ou empresa que desexe realizar aproveitamento comercial deberá realizar unha solicitude á AVV Monte Forgoselo