agroEume
EuroEume
Tenda
Para acceder á tenda só ten que rexistrarse, indicando os seus datos persoais, teléfono móvil, o lugar en que desexa recibir os pedidos e o modo de pago que prefire. En todo momento garantimos a confidencialidade dos seus datos.

Para realizar o seu pedido debe entrar na sección de "mercar". Unha vez dentro pode despregar os diferentes menús para ver os produtos dispoñibles en cada categoría. Posteriormente escriba no cadro en blanco a cantidade de unidades que quere de cada concepto. Unha vez rematado o proceso só ten que pulsar en ENVIAR, na parte inferior da pantalla, e o seu pedido xa está enviado. Debido a que temos que avisar con antelación ós productores, OS PEDIDOS RECIBIDOS ANTES DO LUNS ÁS 10.30 SAIRÁN POR TRANSPORTE ESA SEMANA, OS QUE SE RECIBAN A CONTINUACIÓN QUEDARÁN PARA A SEMANA SEGUINTE.

Co obxectivo de evitar malos entendidos, aos pedidos realizados remitirémoslle un correo para confirmar o pedido. Revise o seu correo electrónico despoís de realizar cada pedido, incluso a bandexa de spam, para enviarnos a confirmación do mesmo.

Os gastos de envío son de 4.53 ¤ para os primeiros 20 kilos, se o pedido é para entregar en Galicia e de 8.70 ¤ para os primeiros 10 kilos, se é para entregar no resto da península. Se o pedido supera estos pesos, os gastos de envío aumentarán por cada fraccion de 5kg, 1.83¤ no caso de Galicia, e 4.09¤ no resto da peninsula. No caso de que o pedido precise frío haberá que aumentar 1.53¤. Os gastos correrán por conta do cliente.

Se atopa algunha dificultade durante o proceso, póñase en contacto connosco e axudarémoslle a resolver o problema (981440668 / 981 784495 ou pedidos@agroalimentariadoeume.org).

 Galego     Español     English

© 2005 Euroeume. Tódolos dereitos reservados.