agroEume
EuroEume
News
A Feira dos fungos e Cogumelos das Pontes celebra a súa vixésima edición
Agenda28/10/2009
Como cada ano, o 1 de novembro celébrase nas Pontes a Feira dos Fungos e Cogumelos. Na súa vixésima edición repartiranse máis de mil euros en premios entre os participantes do concurso á mellor cesta de cogumelos. A partir do día 26 de outubro, ata as 11.00 horas do mesmo día da feira será posible inscribirse para participar neste certame que pretende fomentar o interése polo mundo da micoloxía e, sobre todo, polas especies que podemos atopar pola zona.
Acompañando este certame o día 1 de novembro celebrarase a primeira Xornada de Artesanía do Eume na que participarán arredor de 20 artesáns que ofrecerán demostracións en directo dos seus oficios. Cesteiros, alfareiros, torneiros... que permitirán aos asistentes participar na elaboración de cada un dos produtos artesanais.

O programa da feira completase con exposicións, obradoiros de maridaxe de cogumelos e viño, degustacións de queixo e mel da comarca e cunha mostra de produtos do outono.
 Galego     Español     English

© 2005 Euroeume. All rights reserved.