galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Quen somos
Territorio

Os nove concellos que integran a área de actuación do Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume son Cabanas, A Capela, Monfero, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior, todos eles na provincia da Coruña.


ampliar imaxe [+]

O territorio EuroEume ten unha extensión de 793,4 km2, e conta con 37.251 habitantes de dereito, según a Revisión do Padrón Municipal do ano 2000. Das cifras anteriores resulta unha densidade media na zona de 47,0 hab/km2, o que representa unha cifra moi baixa con respecto ás medias galega (92 hab/km2) , e provincial (139 hab/km2)


Dentro deste territorio podemos apreciar claramente dous climas diferentes que veñen dados pola proximidade ou lexanía da costa, de tal maneira que podemos clasificar:
- Zona Costeira: O clima é de influencia Oceánica e de tipo mediterráneo marítimo, cunhas precipitacións que roldan os 1.400 mm e unha temperatura media de 15 graos.
- Zona de Interior: Onde a climatoloxía recrudécese, aumentando as precipitacións ata os 1.900mm e baixando a temperatura media ata os 11 graos.



ampliar imaxe [+]
Neste territorio atopámonos tres espazos incluidos na “REDE NATURA 2000”, o parque natural das “Fragas do Eume”, que comprende aos concellos da Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero, e Pontedeume; así como os espazos “Xubia-Castro” , que comprende terreos dos concellos da Capela, As Pontes, As Somozas, Moeche e San Sadurniño, e o espazo “Ortigueira-Mera”, que abrangue terreos dos concellos das Pontes e As Somozas.