galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Quen somos
Que é Euroeume

EuroEume é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de interese público, na que poden participar todas as entidades xurídicas e persoas físicas interesadas no desenvolvemento integral da súa área de actuación, que abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior, todos eles na provincia da Coruña (Galicia).

ampliar imaxe [+]


A comisión promotora comezou as súas actividades no ano 1990, mediante a sensibilización das corporacións locais realizando visitas a outras zonas donde existían programas de desenvolvemento, ampliándose posteriormente esta sensibilización a outros colectivos (asociacións de veciños, cooperativas agrarias, asociacións empresariais), mediante xornadas técnicas, visitas a Iniciativas Leader, cursillos, etc.



O Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume constitúese legalmente o 2 de setembro de 1996, según a Ley 194/1964 de 24 de decembro de Asociacións. EuroEume foi declarada Asociación de Utilidade Pública según a Orde Int 2593/2.002 do 30 de setembro.

ampliar imaxe [+]

Para contribuir ó desenvolvemento dos nove concellos antes citados está a implementar programas de desenvolvemento local dende o ano 1.998 (primeiro un programa PRODER e posteriormente a Iniciativa Comunitaria Leader +, entre outros).


EuroEume ten vocación de constituirse nun foro de debate onde consensuar as actuacións prioritarias para este territorio. Así e imprescindible manter a pluralidade política, a transparencia na xestión dos recursos públicos e o principio de porta aberta, que garanta a libre adhesión e participación na entidade. Actualmente cóntase cunha base social de aproximadamente 60 asociacións ademais dos propios 9 concellos.

A Xunta Directiva a constitúen axentes públicos e privados de ámbito local e rexional, de forma que aseguren a participación e representación do total dos sectores implicados. Os 14 membros que integran a Xunta Directiva distribúense do seguinte modo: Catro Alcaldes-Presidentes representando aos Concellos, un representante da Consellería de Vicepresidencia e Benestar Social, outro da Diputación Provincial de A Coruña, dous das Asociacións Recreativas, Culturais e Deportivas, dous das Cooperativas e Sociedades Agrarias de Transformación, dous de Asociacións de Empresarios e Comerciantes e outros dous das Asociacións Veciñais e sen ánimo de lucro.

ampliar imaxe [+]

Asimesmo, a Asociación conta con un equipo técnico que desenvolve as funcións de xerencia dos programas e proxectos que desenvolve EuroEume.