galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Quen somos
Obxectivos

En Euroeume, asociación sen ánimo de lucro declarada de interese público, estamos a traballar polo desenvolvemento sostible do territorio comprendido polos nove concellos, que teña como fin acadar un crecemento económico de acordo co benestar social e a conservación da natureza.


ampliar imaxe [+]


O modelo de desenvolvemento que propoñemos fundaméntase no aproveitamento respetuoso dos recursos propios da comarca, creando espazos de encontro entre as entidades e persoas que traballan pola mellora do noso entorno.




ampliar imaxe [+]
Así, nos seus fins estatutarios, a Asociación pretende servir de núcleo de converxencia e representación de particulares, entidades e axentes interesados no desenvolvemento integral da comarca, para acadar os seguintes obxectivos:

- Promover e xestionar programas das diferentes Administracións Públicas ou entidades privadas que contribuan o desenvolvemento da zona de actuación da Asociación EuroEume.

- Sensibilizar as Administracións Locais, Autonómica, Estatal así como as institucións Comunitarias co obxectivo de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona.

- Servir ós asociados de centro receptor e distribuidor de información relativa o desenvolvemento local e rexional, tanto a nivel nacional como internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento das dotacións, recursos e proxectos existentes en cada momento e susceptibles de levarse a cabo pola Asociación o polos seus asociados.

- Posibilitar entre os asociados o intercambio de experiencias e metodoloxías de intervención no ámbito do desenvolvemento local e rexional.