Proxectos
¿QUÉ E PRODER?
PRODER é un conxunto de programas para o desenvolvemento rural que aplican medidas de desenvolvemento endóxeno e implementado exclusivamente en España. Nestes programas exténdese de forma específica a aplicación do método e filosofía LEADER.
PRODER (Programa Operativo de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais nas Rexións do Obxectivo 1), tiña como obxectivo impulsar o desenvolvemento endóxeno e sostible. Tivo un carácter plurirrexional, con aplicación nas zonas que non foran seleccionadas pola Iniciativa Comunitaria LEADER II.
¿QUÉ OBXECTIVO TEÑEN OS PROGRAMAS COMARCAIS PRODER?
Os obxectivos son o desenvolvemento endóxeno e sostible do medio rural, o fortalecemento e diversificación da súa economía, o mantenemento da súa población, a elevación das rentas e o benestar social dos seus habitantes, e a conservación do espazo e dos recursos naturais. Para iso establecéronse unha serie de axudas para que os Grupos de Acción Local executasen programas comarcais orientados.
PROGRAMA PRODER
A Asociación EuroEume xestionou un PRODER durante o periodo 1.998 – 2.001. Este programa tiña como obxectivos:
• Promover o desenvolvemento sostible e a diversificación da economía rural
• Apoiar financeira e tecnicamente accións innovadoras dirixidas á posta en valor dos recursos locais.
• Elevar as rendas e o benestar dos habitantes do medio rural.
• Crear e manter emprego.
• Frear o éxodo rural.
• Asegurar a conservación e mellora do espazo e dos recursos naturais e promover a recuperación e difusión do patrimonio cultural.