galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Programas
Leader +
pagina anterior páxina 2 de 2
Proxectos


LEADER COMO MÉTODO E FILOSOFÍA DE TRABALLO

ampliar imaxe [+]

As iniciativas LEADER deron como resultado, o inicio dunha nova metodoloxía de traballo nos procesos de Desenvolvemento Rural. Pódese dicir que a clave dos rasgos do LEADER ten a súa orixe en que os beneficiarios principais e máis característicos son os Grupos de Acción Local (GAL).

O Grupo de Acción Local o conforman un conxunto de interlocutores públicos e privados que definen unha estratexia en común e medidas innovadoras para o desenvolvemento dun territorio rural. Estes interlocutores, como socios desta entidade, asumen a responsabilidade de desenvolver o programa e seleccionar que os proxectos a apoiar encaixen no programa presentado ante a Unión Europea. O grupo constitúese como un conxunto de axentes locais capaces de orientar o proceso de desenvolvemento rural en función das particularidades da súa comarca.



ampliar imaxe [+]

Os rasgos propios do método LEADER son sete. Estas especificicacións son os aspectos concretos que o caracterizaron dende a súa orixe en 1991 e que contribuiron a formar o seu enfoque:

1. O Enfoque Territorial
para definr a política de desenvolvemento; é dicir, basearse nos recursos de cada comarca co fin de responder mellor ás necesidades locais.

2. O Enfoque Ascendente para fomentar a toma de decisións participativas en todo o relativo ás políticas de desenvolvemento local. Búscase a implicación dos axentes locais representativos. Este enfoque basease en dúas actividades principais: animación e formación das poboacións.

3. O Grupo de Acción Local constituído por un conxunto de axentes públicos e privados, integrados nunha asociación, define unha estratexia común e un plan de acción para o desenvolvemento do territorio.

4. O carácter innovador das accións, a Iniciativa LEADER fai fincapé no carácter innovador das accións. Pode tratarse de accións interesantes para o desenvolvemento local non tidas en conta por outras políticas de desenvolvemento, de accións que den novas respostas aos problemas das zonas rurais, á creación dun novo producto, dun novo método, dunha nova forma de organización ou dun novo mercado.

5. O Enfoque integral e multisectorial; as accións e proxectos previstos nos plans de acción local conéctanse e coordínanse nun conxunto coherente. A integración pode referi-las accións realizadas nun mesmo sector, a tódalas accións do programa ou a grupos de accións particulares, ou tamén e sobre todo, ó enlace entre distintos axentes e sectores (económicos, sociais, culturais, medioambientais) pertinentes do territorio.

6. As Modalidades de xestión e financiación. O G.A.L. é quen decide que promotores de proxectos son os beneficiarios finais da subvención. Isto inflúe na flexibilidade do programa ó longo de todo o período de realización e no tipo de proxectos subvencionados.

7. A Organización en Rede e a Cooperación Transnacional. Trátase de comunicar con outros grupos experiencias e resultados, intercambiar coñecementos e asociarse en proxectos comúns con grupos de outros países.