galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Programas
Leader +
páxina 1 de 2 pagina siguiente
Proxectos

Un dos grandes retos que afrontou o Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume durante os anos 2.000 e 2.001 foi a elaboración dunha candidatura á Iniciativa Comunitaria Leader +. Dita candidatura constituiu o Plan Estratéxico que guiou as actuacións de EuroEume no periodo 2002-2007, de cara a continuar coa tarefa realizada para o desenvolvemento do territorio abarcado polos nove concellos.

O obxectivo deste Plan Estratéxico, mais ala do que acceder a unha financiación, era que servise de revulsivo para promover unha discusión entorno á realidade do territorio e ás posibilidades de desenvolvemento do mesmo.



¿QUE É A INICIATIVA LEADER +?


LEADER é a Iniciativa Comunitaria da Unión Europea orientada ao desenvolvemento rural. O Leader + toma o relevo dos Leader I e II. A consolidación do método e filosofía de traballo LEADER influíu noutros programas de Desenvolvemento Rural, como o caso do PRODER en España.

O obxectivo de Leader + é incitar e axudar aos axentes do mundo rural a reflexionar sobre o potencial do seu territorio nunha perspectiva a longo prazo. Asimesmo, dita iniciativa pretende fomentar a aplicación de estratexias orixinais de desenvolvemento sostible, integradas e de calidade destinadas á experimentación de novas formas de:

- valorización do patrimonio natural e cultural,
- mellora do entorno económico a fin de contribuir á creación de emprego,
- mellora da capacidade de organización das respectivas comunidades.

Así pois, Leader + debe manter a sua función de laboratorio para o descubrimento e a experimentación de novos enfoques de desenvolvemento integrados e sostibles.


A execución e xestión do LEADER está encomendada aos Grupos de Acción Local. Estes grupos teñen unha composición diferente en cada zona pero sempre forman parte deles actores locais, con maior ou menor peso dos sectores público e privado. No caso do LEADER + EuroEume, o Grupo de Acción Local, é a Asociación EuroEume.