galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Programas
Calidade de Vida
pagina anterior páxina 3 de 3

EQUAL MULLER XXI

ampliar imaxe [+]

EuroEume é unha das asociacións estratéxicas da Agrupación de Desenvolvemento Rede XXI, cunha participación activa nas actuacións de MULLER XXI. Este Proxecto Equal ten como obxectivo principal avanzar na conciliación da vida persoal e laboral mediante a posta en marcha de medidas de sensibilización e apoio á mesma, entre elas a creación de servizos de proximidade en ámbitos rurais, a utilización de novas oportunidades de emprego que axuden a deminuir a precariedade laboral da muller, e o apoio a empresas na procura de modelos de flexibilidade no traballo, ao tempo que se sensibiliza ás administracións púbilcas e demais interlocutores sociais sobre conciliación e igualdade de oportunidades.


A finalidade deste proxecto é incorporar as bases para unha efectiva conciliación entre vida persoal e profesional . Para isto hai que desenvolver actuacións nos seguintes ámbitos de incidencia:


1. No ámbito político: accions dirixidas aos concellos do territorio:
§ Xornadas de reflexión cós axentes sociais, políticos e económicos para o análise da problemática, creando, organizando e mantendo as Comisions Locais de Participación.
§ Difusión e implantación de Medidas de Conciliación nas Administracions Locais.
§ Para a extensión efectiva das medidas de Conciliación, impulsaráse unha acción dirixida a xenerar novos perfiles profesionais en relación coa implantación das políticas de apoio á Conciliación: Mediadores e Mediadoras Locais de Conciliación.


2. No ámbito social: accions dirixidas ás mulleres
§ Formación do espírito emprendedor e fomento do autoemprego
§ Formación en implantación e xestión de servizos de proximidade
§ Posta en marcha de Itinerarios Integrados de Inserción Laboral
§ Medidas de Apoio (becas, desplazamentos..)
§ Campañas de Sensibilización sobre a Conciliación entre vida persoal e laboral.
§ Seminario “A Conciliación na Provincia”


3. No ámbito económico: accións destinadas ás empresas
§ Asesoramento empresarial para a posta en práctica de medidas de Conciliación.
§ Apoio para a creación de empresas
§ Obradoiros de Iniciativas Empresariais


ampliar imaxe [+]

Con carácter transversal, é importante destacar que tanto no desenvolvemento do proxecto, como na sua xestión e avaliación, hai que ter en conta a aplicación e o control sobre o cumprimento das políticas transversais de medioambiente e desenvolvemento sostible, igualdade de oportunidades e novas tecnoloxías da información e comunicación.



MAIS INFORMACIÓN SOBRE EQUAL MULLER XXI