galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Programas
Calidade de Vida
pagina anterior páxina 2 de 3 pagina siguiente


PROGRAMA ENEA:MOBILIDADE DE PERSOAS DE IDADE

PROXECTO MAIORES! SENIORES!: Impulso do papel activo das persoas maiores na Sociedade Civil Europea.

ampliar imaxe [+]

Durante os anos 2003 e 2004 Euroeume participou no Proxecto de cooperación e intercambio ENEA, destinado a mellorar a mobilidade das persoas de idade. Para a elaboración do proxecto conformouse un consorcio transnacional cas seguintes entidades asociadas: Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume e Concello de Allariz (Galicia), Centro Social Lousado (Portugal), Società Consortile Langhe Monferrato Roero (Italia).

O orzamento total deste proxecto foi de 304.500 € (51 millóns de pesetas, aproximadamente) a xestionar nun período de 12 meses, dos que un 80 % proviñan do Fondo Social Europeo, asumindo a parte restante do cofinanciamento as Entidades asociadas ao proxecto, que ascenderon a 60.900 €.

O Proxecto ”MAIORES! tratou de aplicar estratexias locais de traballo, que contribuisen á posta en valor dos coñecementos e experiencias, persoais e profesionais, dos maiores, e poñer estes coñecementos ao servizo do entorno social no que viven, ca implicación destas persoas en actividades do 3º sector (o que conforman as organizacións non lucrativas como asociacións, cooperativas, etc), e concretamente como Anfitrións ou Axentes culturais das localidades rurais nas que viven.

Ás actividades programadas desenvolvéronse principalmente no marco das seguintes liñas de acción:

ampliar imaxe [+]

Obradoiros dirixidos a maiores, para a adquisición e potenciación das súas e capacidades lingüísticas e comunicativas, de cara á súa implicación en actividades locais do 3º sector.

Mobilidade transnacional; de xeito que persoas maiores beneficiarias do proxecto, viaxen con destino ás localidades asociadas ó proxecto (Galicia, Regiao Norte de Portugal e Piamonte italiano), co propósito de ampliar e compartir os seus coñecementos sobre as actividades do 3º sector.

Debate sobre políticas sociais dirixidas a persoas maiores no medio rural, a través da realización de FOROS EUROPEOS, que se celebraron en Italia, Portugal e Galicia durante o ano 2004.


ampliar imaxe [+]
Fomento da participación das persoas maiores nos procesos sociais de toma de decisións vinculados á implantación da Axenda 21 Local cunha involucración activa na mesma.

Posta en valor do “saber facer” dos maiores e a recuperación e promoción do mesmo en beneficio do conxunto da sociedade.