galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
Plan estratéxico
Desenvolvemento 00-07
páxina 1 de 7 pagina siguiente

Un dos grandes retos que afrontou o Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume durante os anos 2.000 e 2.001 foi a elaboración dunha candidatura á Iniciativa Comunitaria Leader +. Dita candidatura constituía o Plan Estratéxico que guiou as actuacións de EuroEume durante dito periodo, de cara a continuar coa labor realizada durante o PRODER para o desenvolvemento do territorio.


O obxectivo de este Plan Estratéxico, mais ala que acceder a unha financiación que facilitase a tarefa de EuroEume, era que servise de revulsivo para promover unha discusión entorno a realidade do territorio e as posibilidades de desenvolvemento do mesmo.

Así fixose un esforzo para implicar a poboación nun proceso participativo(entre o 13 de marzo de 2.000 e o 5 de abril de 2.001 realizáronse mais de 150 reunións e entrevistas ós equipos de goberno municipais e portavoces da oposición, a empresarios, cooperativas, sindicatos, asociacións de veciños, de mulleres, culturais, deportivas, particulares, etc.) nun intento de plasmar propostas que fosen resultado das consultas, necesidades e opinións expresadas polas persoas e entidades deste territorio.

Paralelamente á definición da estratexia de desenvolvemento, fixámonos o reto de ir avanzando no fortalecemento da Asociación EuroEume coma Grupo de Acción Local representativo e integrador dos axentes políticos e socioeconómicos do territorio.

O Plan Estratéxico de EuroEume, partindo da análise e do diagnóstico participativo realizados entre os anos 2000 e 2001, estableceu uns obxectivos e unhas estratexias que se estructuran en dous eixos, divididos nos programas presentados nas seguintes páxinas: