galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Todas
pagina anterior páxina 9 de 14 pagina siguiente
02/04/2009
Hoxe día 2 de abril será presentado o cómic producido por EuroEume "Os Lobos de Moeche" do autor Manel Craneo na fnac da Coruña. O acto terá lugar ás 20:00, e será a primeira de varias presentacións oficiais en distintas cidades galegas.

24/03/2009
A delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura, AGA Eume, ven de presentar o seu calendario de actividades para o ano 2009, que se celebrarán fundamentalmente no seu local social, a Casa do Mel, situada no lugar de Goente, no concello de As Pontes.

Como todos os anos as actividades son variadas e inclúen viaxes para coñecer outras experiencias, prácticas nas colmeas da Asociación, obradoiros para elaborar diversos produtos con cera, cursos de froitocultura e a décima edición das Xornadas Apícolas do Eume. Para mais información colgamos nesta páxina o cartel de actividades que recentemente presentou AGA Eume.

Ler máis
13/03/2009
O vindeiro venres 13, ás 19.30 horas, presentarase este proxecto e a páxina web na que se mostra unha parte deste fondo referido á Historia do territorio de actuación da Asociación EuroEume. Esta presentación pública terá lugar no Museo Etnográfico da Capela. No acto proxectarase un audiovisual, elaborado especialmente para a ocasión, no que se poderá ver e escoitar unha explicación detallada do que é o Fondo Documental e das seccións nas que se divide a páxina web. Proxectarase tamén, a modo de mostra dos contidos da páxina, un pequeno documental elaborado en base a parte do material recollido sobre “Os usos e costumes” do territorio.



Ler máis
11/03/2009
O vindeiro 13 de Marzo, no concello de San Sadurniño, a partir das 16:00 horas, realizarase a plantación de 242 frutais autóctonos e antigos, que resultan de alto interese e que tanto desde o Concello, como desde a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume, creen que é de vital importancia conservar. Plantaranse árbores de 58 variedades de maceiras, 36 variedades de pereiras, 10 variedades de ameixeiras, 16 variedades de cerdeiras y 1 variedad de pexegueiro.

Nesta Horta de Conservación está previsto chegar, ao final da plantación, aos 500 frutais cun total aproximado de 250 variedades. Para esta iniciativa o Concello poñerá a disposición unha finca de 1 hectárea, situada no núcleo principal de San Sadurniño e a carón do Centro de Día que actualmente está a construír o Consorcio Galego de Benestar.



Ler máis
09/03/2009
A lista dos currículums admitidos para o proceso de selección de Euroeume xa está colgada na sección de Descargas/documentos.
A proba de aptitude e coñecementos realizarase o venres, 13 de marzo, no local da Asociación.
22/02/2009
O día 23 de febreiro ábrese o prazo de dez días para presentar candidaturas ao proceso de selección do equipo técnico para a xestión do programa Leader 2007-2013. As bases pódense descargar desta páxina.

Ler máis
05/02/2009
O xoves 5 de febreiro, no Centro de Maiores de Pontedeume, ás 20.30 horas realizarase o acto de presentación do libro no que se recollen as principais conclusións deste estudo, así como o plan proposto pola Consultora Proxectos para conseguir mellorar a situación do comercio polo miúdo no territorio.


Aquelas persoas interesadas en obter un exemplar deste estudo poden contactar coa Asociación Euroeume a través do teléfono, ou do formulario de contacto que figura nesta páxina web.

Ler máis
03/02/2009
No DOGA do día 2 de febreiro publicáronse as axudas destinadas aos afectados polo temporal dos pasados 23 e 24 de xaneiro. Estas axudas están dirixidas tanto a cubrir as perdas persoais, das vivendas, empresas ou explotacións agrícolas.

Os textos íntegros das axudas pódense descargar na sección de DESCARGAS desta páxina.
30/01/2009
O Concello de San Sadurniño desenvolveu durante 2008 o proxecto Residuos e sustentabilidade en San Sadurniño. O seu obxectivo principal era a realización de actividades de educación para a sustentabilidade de cara á concienciación do conxunto da poboación do Concello sobre a importancia da minimización da produción de residuos e da súa correcta xestión. Polo tanto ía dirixido ó conxunto da poboación municipal, cun claro carácter interxeracional.

As actuacións realizadas foron en primeiro lugar o deseño e redacción dunha serie de folletos informativos relacionados coa xestión do lixo. Posteriormente estes folletos foron entregados, en man, no conxunto dos domicilios do Concello, casa por casa. Asemade, coa visita aproveitouse para realizar unha enquisa que contiña preguntas sobre os problemas ambientais e o estado do contorno natural, así como outras relacionadas coas novas tecnoloxías.

Agora, o Concello de San Sadurniño convida ós veciños e veciñas e outras persoas interesadas á Xornada que organiza para presentar as conclusións desta campaña e da enquisa efectuada, e compartir co conxunto da cidadanía esta interesante experiencia.

Entón, o obxectivo da xornada é o de afondar na concienciación sobre a correcta xestión do lixo nos concellos, e os beneficios que isto producirá tanto na administración local como na calidade de vida do conxunto da cidadanía.

Ler máis