galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Convocadas as axudas para a apicultura
Convocadas as axudas para a apicultura
09/12/2009
A Consellería de Medio Rural publicou o pasado 30 de novembro a orde pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2010

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a:
a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación.
b) Loita contra a varroase, actividades inexcusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos, seguro de danos e responsabilidade civil.
d) Apoio á repoboación da cabana apícola: programa de cría de raíñas autóctonas para a renovación do censo que incluirá a produción de núcleos e a distribución a outros apicultores, reposición de baixas con enxames autóctonos.

Beneficiarios:
Poderán optar ás medidas da axuda prevista no artigo 2º:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 9 de xaneiro de 2010


Ligazón relacionada: http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a

Arquivos relacionados: novasarq_71_1.pdf