galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Todas
pagina anterior páxina 7 de 14 pagina siguiente
30/03/2010
EuroEume apoia dous proxectos cun alto grao de innovación que serán desenvolvidos nas Pontes ao abeiro do Programa Leader e recibirán máis de 100.000 euros

A Xunta Directiva da Asociación EuroEume vén de aprobar dous novos proxectos cun alto grado de innovación. Ambos, que serán desenvolvidos por empresas pontesas, teñen á internet como referencia. Un deles permitirá aos veciños do rural mellorar o seu acceso á Sociedade da Información por medio dunha rede sen cables, mentres que o outro, posibilitará a venda online de produtos de automoción fabricados na zona.

En total, ambas empresas recibirán máis de 100.000 euros financiados polo Programa Leader.


Ler máis
30/03/2010
A Asociación EuroEume vén de asinar un convenio de colaboración co Patronato do Museo Etnográfico.O Museo Etnográfico da Capela súmase así ao Espazo Temático Patrimonial Castelos e Mosteiros do Eume-Xuvia
A Asociación EuroEume xestionará as visitas do Museo Etnográfico “O Pazo” (A Capela) en virtude do convenio de colaboración asinado hoxe polo presidente da entidade de desenvolvemento rural, Xosé Castro Romero, e o presidente do Patronato do Museo Etnográfico, Xan Puentes Calvo.

A sinatura deste acordo de cesión ten validez dun ano prorrogable e permitirá incorporar o museo capelán á rede museística denominada Espazo Temático Patrimonial Castelos e Mosteiros do Eume-Xuvia, o “que implica a elaboración de materiais didácticos e promocionais, así como a súa inclusión en paquetes turísticos”.


Ler máis
30/03/2010
Orde do 5 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de
concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais.

Obxecto: axudas a comercios rurais para gastos de obras, moblaxe, publicidade ou vehículos.

Promove: Consellaría de Economía e Industria.

Prazo de presentación de solicitudes: 20/04/2010. Máis información no
DOG n.º 49 do 12/03/2009 (www.xunta.es/diario-oficial).
03/03/2010
No mes de febreiro puxéronse en marcha os servizos de asesoramento contemplados no Proxecto Ecoeume, ambos gratuitos para todos os traballadores e PEMES interesados. Trátase de dous servizos diferenciados; o primeiro céntrase no asesoramento en materia medioambiental para as PEMES da zona, mentres que o segundo ten como obxectivo apoiar aos emprendedores que vaian crear empresas relacionadas co sector ambiental.

Ler máis
16/12/2009
O 9 de decembro de 2009 publicouse a orde que establece as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de gando bovino e ovino cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2010.

Ler máis
09/12/2009
As xornadas centraranse nas temáticas do Comercio Xusto, Consumo Responsable e Turismo Solidario, e contan coa colaboración da Cooperativa Armeria e da Asociación de Empresarios SEARA.

En primeiro lugar celebrarase unha xornada sobre Consumo Responsable e Comercio Xusto, dedicada ás asociacións e persoas interesadas do territorio. Esta primeira sesión terá lugar o venres 11 de decembro, na Biblioteca Municipal de As Pontes a partir das 19.00 horas. A sesión estará dirixida por Clara Raposo González, da Cova da Terra de Lugo, e consisitirá na presentación de diversas experiencias nestes campos así como na organización dun obradoiro para que as persoas asistentes poidan mellorar o seu coñecemento destes conceptos.

Ler máis
09/12/2009
Esta orde, publicada o pasado 30 de novembro, ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando.

Beneficiarios:
Poderanse acoller a estas axudas os propietarios de gando afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes:
As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2009 e a entrada en vigor desta orde, cursaranse ata o 9 de xaneiro de 2010.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.


Ler máis
09/12/2009
A Consellería de Medio Rural publicou o pasado 30 de novembro a orde pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2010

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a:
a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación.
b) Loita contra a varroase, actividades inexcusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos, seguro de danos e responsabilidade civil.
d) Apoio á repoboación da cabana apícola: programa de cría de raíñas autóctonas para a renovación do censo que incluirá a produción de núcleos e a distribución a outros apicultores, reposición de baixas con enxames autóctonos.

Beneficiarios:
Poderán optar ás medidas da axuda prevista no artigo 2º:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
b) Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 9 de xaneiro de 2010

Ler máis
21/10/2009
Como cada ano, o 1 de novembro celébrase nas Pontes a “Feira dos Fungos e Cogumelos”. Na súa vixésima edición repartiranse máis de mil euros en premios entre os participantes do concurso á mellor cesta de setas. A partir do día 26 de outubro, ata as 11.00 horas do mesmo día da feira será posible anotarse para participar neste certame que pretende fomentar o interese polo mundo da micoloxía e, sobre todo, polas especies que podemos atopar pola zona.

Ler máis
30/09/2009
O día 29 de setembro publicáronse as axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións leiteiras que cumpran os requisitos recollidos no artigo 3 e que acometan investimentos que supoñan unha mellora da competitividade da súa explotación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de outubro de 2009


Ler máis