galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal
Axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal
23/06/2010
A Consellería do Medio Rural publicou no DOGA do pasado 22 de xuño a Orde do 16 de xuño de 2010, pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2009,na que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, da Consellería do Medio Rural, e se convocan para o ano 2010.

Obxecto: fomentar a cooperación entre os produtores de materias primas agrarias e forestais, a industria de transformación e os centros de investigación e centros tecnolóxicos, a través de:

-Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados, acollidos ou susceptibles de acollerse aos diferentes distintivos de calidade diferenciada recoñecidos pola Administración galega.

-Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios obtidos mediante sistemas de produción integrada ou ecolóxica e os seus transformados.

-Iniciativas de cooperación que permitan introducir novos produtos, procesos ou tecnoloxías para o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.

Beneficiarios: consellos reguladores de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, cooperativas agrarias e empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de xullo de 2010