galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Subvencións para o fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, da mellora dos establecementos comerciais e da súa imaxe, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercio
Subvencións para o fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, da mellora dos establecementos comerciais e da súa imaxe, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercio
23/06/2010
A Consellería de Economía e Industria, publicou no DOGA do pasado 23 de xuño as Subvencións para o fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, da mellora dos establecementos comerciais e da súa imaxe, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.

Obxecto: convocatoria de axudas para a mellora da competitividade do comercio galego, a través de actuacións encamiñadas á adecuación física das instalacións e locais comerciais, a mellora da súa imaxe comercial, e medidas para potenciar a creación, implantación e expansión das cadeas sucursalistas, e do comercio retallista do téxtil, calzado e xoiarías, nos conxuntos históricos das vilas e ciudades. Son actividades subvencionables:

- Reforma e/ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m², mellora de illamentos e equipamentos e instalacións de aforro de enerxía e auga. Esta limitación de superficie non será aplicable a aqueles establecementos comerciais que soliciten a axuda para as actividades comprendidas dentro do código CNAE-2009 4759 Comercio polo miúdo de mobles, aparellos de iluminación e outros artigos de uso doméstico en establecementos especializados.

- Medidas orientadas á mellora da imaxe dos establecementos comerciais, que afecten os puntos de venda, que a continuación se describen:

a) A contratación de servizos exteriores de escaparatismo.

b) Instalación de letreiros luminosos e rótulos exteriores.

c) Adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático.

- Creación, implantación e expansión de cadeas sucursalistas de comercio retallista, así como de establecementos comerciais do téxtil, calzado e xoiarías, en locais desocupados de conxuntos históricos de poboacións que estivesen declarados e inscritos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Beneficiarios: os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de xullo de 2010