galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
POSTA EN MARCHA DOS SERVIZOS DE ASESORAMENTO MEDIOAMBIENTAL E DE ASESORAMENTO Á CREACIÓN DE EMPRESAS
POSTA EN MARCHA DOS SERVIZOS DE ASESORAMENTO MEDIOAMBIENTAL E DE ASESORAMENTO Á CREACIÓN DE EMPRESAS
03/03/2010
No mes de febreiro puxéronse en marcha os servizos de asesoramento contemplados no Proxecto Ecoeume, ambos gratuitos para todos os traballadores e PEMES interesados. Trátase de dous servizos diferenciados; o primeiro céntrase no asesoramento en materia medioambiental para as PEMES da zona, mentres que o segundo ten como obxectivo apoiar aos emprendedores que vaian crear empresas relacionadas co sector ambiental.

O Asesoramento Medioambiental consiste no asesoramento e transmisión dos coñecementos precisos para poder implantar aquelas medidas medioambientais que consideren carentes nas empresas en que traballan os destinatarios, principalmente no referido a métodos de xestión ambiental, tratamentos de residuos e eficiencia enerxética. Ademáis de proporcionarlles toda a información sobre a aplicación das enerxías renovables, para poder abaratar costes e contribuir á sustetabilidade do medio ambiente. A duración desta actuación será de 16 meses, desde febreiro de 2010, posto que será unha ferramenta que se pon a disposición dos trabajadores e PEMES durante todo o periodo de funcionamento deste proxecto.

Por outra banda, o servizo de Asesoramento á Creación de Empresas ponse tamén á disposición dos traballadores da zona desde o comezo do proxecto, cunha duración de 16 meses. O obxectivo é asesorar a aqueles traballadores que queiran iniciar unha actividade empresarial relacionada co sector medioambiental: xestión de residuos, instalación de sistemas que aproveiten enerxías renovables, etc.