galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Euroeume, duas décadas liderando o desenvolvemento da comarca.
Euroeume, duas décadas liderando o desenvolvemento da comarca.
24/03/2011
Publicado por La Voz de Galicia

Na década dos 90, un grupo de xente da comarca do Eume reuníase para poñer en marcha a entidade Euroeume.

Faise co obxetivo de traballar por un desenvolvemento sostible da comarca, pero tamén para sentar as bases do que sería o crecemento económico de dito territorio.

Mais de duas décadas despois, Euroeume continúa xestionando diferentes programas da man de axentes públicos e tamén privados, dado que a asociación está integrada por entidades culturais, empresariais e agrarias, pero tamén por representates da Deputación de A Coruña e dos municipios que comprende a súa área de actuación: Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, As Somozas e Vilarmaior.

Neste tempo crease unha rede de establecementos de turismo rural e cantinas e poñen en valor numerosos elementos do patrimonio da comarca.