galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Charla sobre o Programa Leader en San Sadurniño
Charla sobre o Programa Leader en San Sadurniño
05/07/2010
O pasado 1 de xullo celebrouse en San Sadurniño unha charla de difusión do Programa Leader 2007-2013 que xestiona Euroeume para o territorio formado polos concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior. Unhas 20 persoas asistiron a esta charla ofrecida por Miguel Teixido Sotelo, Xerente de Euroeume, no salón de Plenos do Concello de San Sadurniño.

Durante os vindeiros meses Euroeume organizará unha serie de charlas para explicar o programa nos concellos que forman o territorio. Ademais Euroeume ponse ao servizo de todas aquelas asociacións e entidades interesadas en recibir información sobre este programa que se centra en subvencionar proxectos que contribúan a un desenvolvemento sustentable. As entidades interesadas en concertar unha cita para organizar unha charla explicativa sobre o programa Leader poden contactar coa asociación a través do teléfono 981 440729, do formulario de contacto desta páxina web, ou ben visitando as oficinas da Asociación na Rúa Capela 21 de As Pontes.

Arquivos relacionados: novasarq_85_1.jpg