galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Todas
pagina anterior páxina 5 de 13 pagina siguiente
25/04/2011
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza dúas accións formativas gratuitas para traballadores en activo en materia ambiental. Os temas a tratar nos cursos céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia enerxética.

Información e inscrición en:
Rúa Capela, 21 baixo. 15320 As Pontes
Tlf: 981 440729/ 981 440668
E-mail: info@euroeume.org
Web:http://ecoeume.euroeume.org

Período de inscrición aberto ata 2 días antes do inicio de cada curso.

Acción gratuita cofinanciada polo FSE

Ler máis
24/03/2011
Publicado por La Voz de Galicia

Na década dos 90, un grupo de xente da comarca do Eume reuníase para poñer en marcha a entidade Euroeume.

Ler máis
24/03/2011
Publicado por La Voz de Galicia

Unha das iniciativas mais populares de Euroeume foi a creación da Agrupación Agroalimentaria do Eume.

Ler máis
01/03/2011
O GDR "EuroEume" organiza para o vindeiro xoves, 3 de Marzo a presentación pública no seu territorio deste proxecto. Esta presentación vai dirixida aos sectores agrario, gandeiro, cooperativo, ás entidades asociadas do Grupo e ao público en xeral.

Información da xornada:

DATA: Xoves 3 de Marzo

HORA: 16:00
LUGAR: Cooperativa Campo Capela. Os calzados (A Capela)



Confirmar asistencia: info@euroeume.org



Máis información sobre o proxecto: http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/



Ler máis
05/07/2010
O pasado 1 de xullo celebrouse en San Sadurniño unha charla de difusión do Programa Leader 2007-2013 que xestiona Euroeume para o territorio formado polos concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior. Unhas 20 persoas asistiron a esta charla ofrecida por Miguel Teixido Sotelo, Xerente de Euroeume, no salón de Plenos do Concello de San Sadurniño.

Ler máis
02/07/2010
O luns, día 5 de xullo, celebrarase a Asamblea Xeral de Euroeume na Casa da Cultura do concello de A Capela. Esta asamblea está aberta a todas as asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.

Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á aprobación das contas do exercio anterior e do orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase na mesma dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume ó longo do ano 2009: Xestión do Programa Leader 2007-2010, Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad, etc.
25/06/2010
A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOGA do pasado martes, 15 de xuño de 2010, a Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O Obxecto desta orde e impulsar un programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 16 de xullo de 2010

Ler máis
24/06/2010
A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOGA do xoves 24 de xuño, a Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Ler máis
24/06/2010
A Consellería do Medio Rural publicou o xoves 24 de xuño a Orde do 22 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas
para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación
das persoas novas á actividade
agraria, e se convocan para o ano 2010.

Ler máis