galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Co outono chega a Feira dos Fungos e cogumelos de As Pontes
Co outono chega a Feira dos Fungos e cogumelos de As Pontes
27/10/2011
Xa son 22 as edicións desta feira pensada para difundir a riqueza micolóxica do noso territorio e as bondades deste produto que agroma nos nosos montes cando chega o outono.


As persoas que desexen unha información completa do programa de actividades deste ano poden acceder a el desde a páxina do concello de As Pontes, aquí deixámoslle un anticipo

O programa da feira o pode descargar no documento anexo, o consultar a continuación:

CONCURSO DE FUNGOS

De 10.00 a 11.00h Presentación de cestas ao concurso. As cestas estarán expostas ao público ao longo de toda a mañá na Praza de América.

EXPOSICIÓNS

III XORNADA DE ARTESANÍA. Con demostracións de traballos de artesanía in vivo, nas que poderá participar o público asistente. Ao remate sorteo de pezas entre aqueles que se animen a vivir de cerca os oficios artesanais

Lugar: Rúa Ramón Cabanillas · Sala de exposicións do Mercado Vello

Organiza: Asociación de artesáns do Eume

O MUNDO DA MICOLOXÍA. Mostra dos traballos realizados polos escolares das Pontes.

Lugar: Sala de exposicións do Soto da Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28)Exposición FOTOGRÁFICA. Fotografías de José Luis Cuba Crespo, experto en micoloxía e Antonio Díaz Calvo, cociñeiro.

Lugar: Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28)

MOSTRA DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE OUTONO.Fungos e cogomelos frescos e envasados, algas, doces, derivados do mel, lácteos, hortalizas ecolóxicas e outros produtos.

Lugar: Rúas Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas

Horarios: de10:30 a 14:30 h.

CLASE MAXISTRAL E COCIÑA EN DIRECTO. “Do monte ao prato.”

O coñecido micólogo JOSÉ LUÍS CUBA CRESPO e o cociñeiro ANTONIO DÍAZ CALVO, do Restaurante Andarubel ofrecerán unha demostración teórico práctica sobre o emprego dos cogomelos na cociña, denda a súa recolección e identificación pasando pola súa limpeza, conservación ata rematar co seu cociñado.

Lugar: salón de actos da Casa Dopeso (ata completar aforo)

Horario: de 11:30 a 13:00 h

ACTUACION PARA OS MÁIS PEQUENOS

Ás 11:30h con CÉ ORQUESTRA (o home orquestra),que convirte as súas actuacións musicais nunha gran festa.

Lugar: escenario da carpa instalada no patio do Colexio Sta. María

DEGUSTACIÓNS a partir das 12.00h “pracer para os sentidos”

Mel e queixo do Eume. Ás propiedades beneficiosas do mel xúntanse as nutricionais do queixo.

(Postos da Asoc. AGA-Eume e Queserías do Eume)

Chocolates e cafés do mundo. (Posto Comercio Xusto)

Produtos do Eume. (Posto Agroalimentaria do Eume)

ENTREGA DE PREMIOS ás 12.30h

Entrega de premios dos concursos de fungos e o mundo da micoloxía

Lugar: carpa instalada no patio do Colexio Sta. María