galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Casa Pousadoira organiza un obradoiro de iniciación á bioconstrución
Casa Pousadoira organiza un obradoiro de iniciación á bioconstrución
08/09/2011
Algunha vez pensaches en autoconstruirte unha casa? Téñennos afeitos a que pareza moi difícil pero sin embargo comprobaremos que é posible, con relativamente poucos recursos.

O obradoiro estruturarase en duas partes, unha para explicar e construir cimentación, muros e cuberta e outra para revocos.

DATAS:
Primeira parte: 15 e 16 de outubro
Segunda parte: 14 e 15 de xaneiro

CONTIDO: Construiremos un alpendre no xardín de 20 m2 e cuberta a unha auga con balas de palla, utilizando o sistema Nebraska, incluíndo a colocación de porta e ventá.

- A construcción con palla
- Cimentacións
- Estructura e cubertas
- Rebocos e acabados
- Cuestións legais

Na primeira parte do curso incidirase máis na cimentación, estructura e cuberta e na segunda nos acabados.

O sábado pola noite visualizaremos documentais relacionados co tema ou con outros afíns e faceremos un MAGOSTO.

"Una granja para el futuro"
Video de Conferencia de Antonio Turiel sobre o Peak Oil.

PREZO:

1ª PARTE (15 e 16 de outubro):
Curso: 81.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en cuarto doble e e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 2 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 24.00 euros

2ª PARTE (14 e 15 de xaneiro):
Curso: 54.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en doble e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 1 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 16.00 euros

ESTES PREZOS INCLUEN: aloxamento en Casa Pousadoira a noite do sábado ao domingo, xantar e cea do sábado, almorzo e xantar do domingo na primeira parte e almorzo do domingo na segunda parte, xa que contamos acabar pola mañá. Material do curso. Certificado de asistencia.


PARA MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: 981777898 OU info@pousadoira.com