galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Reapertura convocatoria de Axudas 2014-2015
Reapertura convocatoria de Axudas 2014-2015
20/03/2014
O pasado 18 de Marzo a Xunta Directiva acordou abrir o prazo de presentación de axudas ao abeiro do eixo Leader do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia correspondente ás anualidades 2.014 e 2.015.

A admisión de solicitudes ábrese para o ámbito territorial abarcado pola Asociación EuroEume, e que comprende os concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Somozas e Vilarmaior.

O prazo de admisión de solicitudes comprende: Apertura de prazo: 20 Marzo de 2.014
Peche do prazo: 30 de Outubro de 2.014
O lugar de presentación de solicitudes será no domicilio social da Asociación, sito en Rua Capela 21, baixo, 15.320 As Pontes.

Pode consultar os modelos normalizados para a presentación de axudas en www.euroeume.org; no apartado descargas/documentos.

O importe dispoñible para esta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

Neste momento non pode darse a cifra concreta dese remanente, pero os promotores quedan advertidos de que Agader non vai examinar o seu expediente con carácter inmediato e de que a obtención de axudas quedará condicionada á existencia dos citados remanentes.