galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Todas
pagina anterior páxina 11 de 13 pagina siguiente
15/05/2008
A Asociación Euroeume, no desenvolvemento da marca Eumeturismo, que abarca os Concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior, convoca prazas de "GUIA TURISTICO".

Ler máis
05/05/2008
Entre o 26 de Febreiro e o 4 de Abril un grupo de 6 persoas de diferentes entidades asociadas a EuroEume participaron nun encontro de cooperación en Arxentina e Bolivia no marco do proxecto Tejiendo Redes.
“O proxecto Tejiendo Redes pretende establecer relacións de cooperación entre asociacións de desenvolvemento rural da península ibérica e latinoamérica”.



Ler máis
25/04/2008
Máis de sesenta técnicos de distintos concellos de toda Galicia asistiron onte a Xornada “Experiencias exitosas en Axendas 21 Comarcais”, que se celebrou no Castelo de Santa Cruz, sede do Ceida.

El Ideal Gallego

Ler máis
09/04/2008
Video que mostra os principais elementos da arquitectura medieval do territorio.

Ler máis
08/04/2008
Estas axudas, publicadas no DOGA do día 8 de abril, estabrece un prazo de 1 mes para presentar as solicitudes para a creación ou mellora de establecementos turísticos.

A convocatoria fai fincapé na mellora e modernización de establecementos xa existentes, e na creación de nova oferta de aloxamentos en zonas históricas, edificios de valor patrimonial etnográfico e de establecementos relacionados co turismo termal.

Ler máis
13/03/2008
A Asociación de Artesáns do Eume, en colaboración co Centro de Interpretación das Fragas do Eume, organizan estas xornadas de promoción da artesanía do territorio entre o 18 e o 23 de marzo, coincidindo coas vacacións de Semana Santa.

Cada un destes días contará con duas exposicións individuais, unha matutina, a partir das 12 e outra vespertina, a partir das 17 horas. Nestas exposicións mostraranse os traballos que realizan os diferentes artesáns participantes: Canteiros, torneiros, cesteiros, bordado e encaixe, ... . Ademais cada artesán participante explicará os métodos que empregan para elaborar esas pezas apoiándose en medios audiovisuais e fotográficos.

A xornada de clausura realizarase o domingo 23 de marzo, cunha exposición conxunta de todos os artesáns presentes nesta asociación.

Ler máis
20/02/2008
Unhas 50 persoas asistiron á xornada, organizada, o pasado sábado 23 de febreiro, por Euroeume na Casa da Cultura da Capela. A xornada, presentada por Rubén Lois, Director Xeral de Turismo, Anxo López Sueiro, Alcalde da Capela, e Xosé Castro, Presidente de Euroeume, versou sobre o “Desenvolvemento Turístico e os Grupos de Desenvolvemento Rural”. Esta xornada foi a terceira dunha serie de seis, organizadas no marco dun proxecto de cooperación de seis Grupos de Desenvolvemento galegos para avaliar os traballos realizados durante o periodo 2000-2007.

Ler máis
13/02/2008
Catro representantes da Asociación Euroeume participaron os días 8, 9 e 10 de febreiro no V Encontro Universidade Rural Paulo Freire realizado no albergue rural Balcón en Cerezo de Abajo, Segovia. No programa de traballo recollíase entre outros obxectivos perfilar propostas, actuacións e compromisos de cara a continuar na construcción do proxecto educativo da universidade rural a nivel estatal.

Ler máis
12/02/2008
O 12 de febreiro celébrase, no Concello de San Sadurniño e organizado pola Asociación Euroeume no marco da Axenda 21, unha xornada sobre presupostos participativos destinada aos equipos de goberno dos Concellos de A Capela e San Sadurniño.



Ler máis
01/02/2008
Na reunión mantida onte martes polos Alcaldes do Eume, a Asociación EuroEume e o Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo para valorar a información emitida polo Sr. Pablo Villamar acordouse emitir o seguinte comunicado:
EuroEume e o conxunto de Alcaldes incluidos no Plan (Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela, As Pontes e Vilarmaior) convidaron a través dun escrito o 1 de Outubro ao Sr. Pablo Villamar a presidir un encontro coa Asociación EuroEume e con todos os Alcaldes para debatir e consensuar os obxectivos do Plan, as accións a desenvolver e as fórmulas de xestión do mesmo. Asimesmo solicitouselle unha copia do borrador do convenio para coñecer os detalles do mesmo.
O Vicepresidente da Deputación enviou o pasado 26 de Novembro de 2.007, e por primeira vez, a Asc. EuroEume un texto con actuacións pechadas e cun orzamento para a xestión do mesmo que representa o 10 % da inversión total.


Ler máis