galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
O IES Terra de Trasancos recibe o premio nacional de educación Vicente Ferrer
O IES Terra de Trasancos recibe o premio nacional de educación Vicente Ferrer
05/11/2018
O proxecto gañador chámase "A árbore de Trasancos", e foi impulsado, durante o curso 17/18, pola orientadora do centro naronés, Jéssica Fernández, e o profesor de Economía, Manuel Rivera. No proxecto participaron uns douscentos alumnos de ESO e quince profesores, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia dos coñecidos como obxectivos do milenio da ONU.

É a segunda vez que o IES Terra de Trasancos recibe o galardón Vicente Ferrer, a primeira vez foi no ano 2010 por un proxecto de emprendemento solidario, o que da unha boa mostra do traballo que se desenvolve por parte do persoal do centro na procura dun desenvolvemento sostible e da concienciación da mocidade no referente á educación en valores e o traballo solidario.

Euroeume leva anos a colaborar con este centro, co programa Eumexoven, financiado polas axudas recibidas con cargo ao 0.7% do IRPF, a través de diversas actividades relacionadas co desenvolvemento sostible, a alimentación e procesos de traballo solidario.

É un pracer poder colaborar con esta tipo de xente tan entregada no desenvolvemento deste tipo de proxectos. Os nosos parabéns máis sinceros.