galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria
Axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria
24/06/2010
A Consellería do Medio Rural publicou o xoves 24 de xuño a Orde do 22 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas
para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación
das persoas novas á actividade
agraria, e se convocan para o ano 2010.

Obxecto: convocatoria de axudas de minimis para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e a incorporación das persoas novas á actividade agraria, concedidos con base nas convocatorias correspondentes aos anos 2007, 2008 e 2009 da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural con entidades financeiras.

Beneficiarios: as persoas titulares de explotacións agrarias que subscribisen un préstamo concedido no seu día ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural con entidades financeiras para o financiamento de investimentos relativos ás axudas de mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria, e que se encontren en período de amortización.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de agosto de 2010.