galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo
Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo
24/06/2010
A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOGA do xoves 24 de xuño, a Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Obxecto: convocatoria das axudas para promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.

Programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

Programa IV: fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

Programa V: actividades de promoción do cooperativismo.

Beneficiarios:

a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no Programa I, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no Programa II relativas á realización de investimentos.

c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que emprendan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no Programa III, de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento.

d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego, así como os asalariados/as das cooperativas, nos termos e para as axudas previstas no Programa IV, de fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

e) As cooperativas para as actuacións previstas no Programa V, de actividades de promoción do cooperativismo.

Prazo de presentación de solicitudes: prazo xeral ata o 24 de xullo de 2010, independentemente do prazo particular sinalado para cada un dos programas.