galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Publicadas as axudas para compra de gando para reposición de reses sacrificadas en execucion dos programas de control e erradicación de enfermidades
Publicadas as axudas para compra de gando para reposición de reses sacrificadas en execucion dos programas de control e erradicación de enfermidades
16/12/2009
O 9 de decembro de 2009 publicouse a orde que establece as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de gando bovino e ovino cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2010.

Finalidade:
-As indemnizacións ás que teñen dereito os titulares, rexistrados en Galicia, de animais e /ou productos sacrificados e /ou destruídos por motivo do control e erradicación de enfermidades animais.
-As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación gandeira, rexistrada en Galicia, por motivos dunha enfermidade sometida a un programa de erradicación.
-As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia nas que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación. Tamén se incluirán os casos de morte dos animais das citadas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa oficial de control ou erradicación e os casos de morte de animais consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Beneficiarios:
- En Xeral os titulares dos animais que se sacrifiquen ou morran por supostos recollidos na Lei de sanidade animal e na normativa estatal básica de desenvolvemento dos programas sanitarios de control e/ou erradicación de cada enfermidade.
- Poderán ser beneficiarios das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante os titulares das explotacións rexistradas en Galicia nas que se sacrificasen ou destruísen de forma preventiva, a totalidade do seu censo por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa oficial de erradicación.
- Poderán ser beneficiarios das axudas para a compra de animais, os titulares de explotacións de gando rexistradas en Galicia nas que se ordenara o sacrificio obrigatorio de bovinos, ovinos ou cabrúns existentes na explotación, como consecuencia do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 21 de novembro de 2010

Ligazón relacionada: http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a

Arquivos relacionados: novasarq_72_1.pdf