galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Medio Rural investirá máis de 500.000 € na comarca do Eume
Medio Rural investirá máis de 500.000 € na comarca do Eume
25/10/2011
A Consellería de Medio Rural, no proxecto de presupostos que elaborado pola Xunta para o 2012, inclue máis de 517.000 euros para a comarca do Eume, repartidos entre seis proxectos destinados á mellora e conservación do medio ambiente nos cinco concellos afectados polo parque natural das Fragas do Eume.

Cada un dos Concellos percibirá 35.273 euros para a posta en marcha ou mellora de infraestructuras nas Fragas do Eume. Para protexer e poñer en valor o patrimonio, Pontedeume recibirá 69.000 euros e o concello de As Pontes, 40.000 euros.

Os presupostos da Xunta incluen ademais partidas de 17.855 euros para Cabanas, A Capela e As Pontes co obxectivo da conservación e protección da biodiversidade. Esta cantidade incrementarase ata 23.807 euros nos casos de Monfero e Pontedeume. Éste último recibirá tamén 20.910 euros para renovar a sinalización do paraje natural; 8.567 euros destinados a edificios e outras construciones; e 2.000 euros para infraestruturas e saneamiento.

O pasado mes de agosto o departamento autonómico anunciou un inverstimento de 460.000 euros para financiar actuacions nas Fragas do Eume cuxa finalidade é a mellora do parque natural. Según informou a Consellería que encabeza Samuel Juárez, estos proxectos céntranse " a grandes rasgos" en actividades de sensibilización e educación ambiental; recuperación de fontes, lavadeiros, fincas e hábitats así como o amaño dos accesos ao parque. Ademais, unha das axudas concedidas ao Concello de Monfero, destinarase á rehabilitación da muralla do mosteiro sito nesta localidade.