galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Os técnicos municipais mostran interese por implantar a Axenda 21
Os técnicos municipais mostran interese por implantar a Axenda 21
25/04/2008
Máis de sesenta técnicos de distintos concellos de toda Galicia asistiron onte a Xornada “Experiencias exitosas en Axendas 21 Comarcais”, que se celebrou no Castelo de Santa Cruz, sede do Ceida.

El Ideal Gallego

Según fontes da organización, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer todos os procesos de elaboración de unha Axenda 21 de ámbito comarcal, así como tamén de cales son os seus retos e desafíos.

Miguel Teixido, representante do Grupo de Acción Local Euroeume, Sinalou que unha das claves do proceso de elaboración dunha Axenda 21 comarcal é a participación. Pola súa parte, Óscar Tena, presidente da Mancomunidad Comarcal Els Ports, de Castellón, e alcalde do municipio de Morella centrouse en describir cales foron as dificultades para crear esta mancominidade, que naceu en 1994.

Nesta mesa redonda, tamén participou Aitziber Cortazar, responsable da Sociedad para el Desarrollo Económico de Debabarrena, en Guipúzcoa, encargada da Axenda 21 de Debabarrena. O igual co resto de membros da mesa, Cortazar sinalou que a dispersión xeográfica das zonas de actuación é un dos problemas para a implantación de unha Axenda 21.

Arquivos relacionados: novasarq_29_1.jpg