galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Presentación da Guía Práctica de Coidados das Persoas Dependentes
Presentación da Guía Práctica de Coidados das Persoas Dependentes
01/12/2007
A presentación desta Guía, editada por Euroume e elaborada pola terapeuta ocupacional María del Carmen Fernández Ameneiros, tivo lugar na Xornada Final do Equal Muller XXI, celebrada no Pazo de Mariñan o pasado 30 de novembro.

Publicado en Xornal PEGADAS

“A Guía Práctica Coidados das Persoas Dependentes. A Funcionalidade da Persoa Coidadora” forma parte do material de apoio elaborado para os seminarios “O coidado da persoa coidadora”, acción formativa realizada pola Asociación Euroeume, no marco do Proxecto Equal Muller XXI. Nas trintaedúas páxinas da guía inclúense diversos consellos que pretenden favorecer e mellorar, con pequenas propostas e pautas, a calidade de vida tanto das persoas dependentes como das persoas que as coidan.

A guía preséntase como unha ferramenta de apoio de doble función; por unha banda, favorecer as posibilidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral para as persoas coidadoras informais, quenes no dia a dia teñen a responsabilidade de coidar a persoas dependentes no seu fogar ou entorno próximo. Por outra banda, mellorar a autonomía das persoas dependentes na medida das súas posibilidades.

As primeiras copias serán entregadas ás persoas que participaron nos seminarios celebrados nas Pontes, Cabanas, Moeche e Monfero xunto cos diplomas acreditativos, e posteriormente entregaranse un número de exemplares ainda sen concretar, aos concellos que colaboraron nestas accións formativas.