galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Agroalimentaria do Eume na Feira de Consumo Consciente da Coruña
Agroalimentaria do Eume na Feira de Consumo Consciente da Coruña
26/06/2009
Esta Feira, que se celebrará durante a mañá do sábado día 27 no Parque de Marte da cidade herculina, pecha as Xornadas de Consumo consciente organizadas pola Asociación de Veciños de Monte Alto.

Agroalimentaria do Eume levará a esta feira unha representación dos mellores produtos do noso territorio e promocionará as canles curtas de comercialización, que eliminan intermediarios do proceso, permitindo pagar uns prezos mais xustos aos produtores.

As xornadas comezan o día 24, cunha charla e un obradoiro sobre consumo responsable. O día 25 será o turno da agricultura ecolóxica, con charlas e obradoiros. A temática do día 26 centrarase na soberanía alimentaria e os perigos que implican os tranxénicos para a mesma. Esta semana chea de actividades pecharase o día 27 coa celebración da feira.




Arquivos relacionados: novasarq_62_1.jpg