galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
A Xunta convoca as axudas para creación e mellora de aloxamentos turísticos.
A Xunta convoca as axudas para creación e mellora de aloxamentos turísticos.
08/04/2008
Estas axudas, publicadas no DOGA do día 8 de abril, estabrece un prazo de 1 mes para presentar as solicitudes para a creación ou mellora de establecementos turísticos.

A convocatoria fai fincapé na mellora e modernización de establecementos xa existentes, e na creación de nova oferta de aloxamentos en zonas históricas, edificios de valor patrimonial etnográfico e de establecementos relacionados co turismo termal.

A Consellería de Industria destina un total de seis millóns e medio de euros para os anos 2008 e 2009. A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos escollidos será do 40 % para as PEMEs, e do 30 % para os restantes casos.

Aquelas persoas interesadas nesta orde poden atopar mais información na páxina da Consellería de Innovación e Industria, nos teléfonos 981 540147 e 546379, e a través do correo electrónico axudas.dxt@xunta.es

Ligazón relacionada: http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido

Arquivos relacionados: novasarq_27_1.pdf