galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
O concello de Cabanas organiza unha viaxe a Roma
O concello de Cabanas organiza unha viaxe a Roma
15/01/2008
O concello de Cabanas está a organizar unha viaxe a Roma para todos aqueles que desexen participar. A duración será de 5 días, dende o día 29 de Febreiro, con saída do aeroporto de Coruña, ata o día 4 de Marzo ca saída de Roma con destino a Coruña.

O prezo da viaxe é de 560 €, inclúe os billetes de avión de ida e volta, os traslados, o aloxamento de 5 días e 4 noites nun hotel de 3 estrelas, e as entradas das visitas ó Coliseum e ós Foros Romanos, ós Museos Vaticanos e á Capilla Sixtina, así como unha guía local con duración de medio día, ademáis dun seguro de viaxes para cada un dos integrantes do grupo. Nesta viaxe inclúese tamén unha recepción por parte da embaixada en Roma.

O prazo de inscripción permanecerá aberto ata a última semana de Xaneiro. Para recibir máis información sobre a viaxe ou para apuntarse poden acudir ao concello ou facelo mediante os teléfonos 981 495959 ou 981 495506.