galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
AGADER presentou o mapa provisional dos Grupos Leader 2007-2013
AGADER presentou o mapa provisional dos Grupos Leader 2007-2013
11/01/2008
O mapa provisional presenta unha importante redución no número de grupos, pasándose de 40 aos 31 contemplados para o periodo 2008-2013. Consecuentemente a configuración territorial de moitos dos grupos varía. Non é o caso de Euroeume, que inicialmente contará co mesmo ámbito de actuación que durante o Leader +, se ben existen algunhas restricións en determinadas zonas do territorio.

Neste mapa provisional determinadas zonas quedan excluidas do plan de reequilibrio territorial. Dentro do territorio de influencia de Euroeume as zonas excluidas son o núcleo urbán de Pontedeume e os polígonos industriais de Cabanas e Pontedeume. Nestas zonas de exclusión non se poderán subvencionar proxectos con fondos da Iniciativa Leader.

Ligazón relacionada: http://agader.xunta.es/a6VerNoticia.jsp?id=245&idi

Arquivos relacionados: novasarq_19_1.pdf