galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Indignación e sorpresa en EuroEume e nos Concellos do Eume polo comunicado de Pablo Villamar.
Indignación e sorpresa en EuroEume e nos Concellos do Eume polo comunicado de Pablo Villamar.
01/02/2008
Na reunión mantida onte martes polos Alcaldes do Eume, a Asociación EuroEume e o Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo para valorar a información emitida polo Sr. Pablo Villamar acordouse emitir o seguinte comunicado:
EuroEume e o conxunto de Alcaldes incluidos no Plan (Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela, As Pontes e Vilarmaior) convidaron a través dun escrito o 1 de Outubro ao Sr. Pablo Villamar a presidir un encontro coa Asociación EuroEume e con todos os Alcaldes para debatir e consensuar os obxectivos do Plan, as accións a desenvolver e as fórmulas de xestión do mesmo. Asimesmo solicitouselle unha copia do borrador do convenio para coñecer os detalles do mesmo.
O Vicepresidente da Deputación enviou o pasado 26 de Novembro de 2.007, e por primeira vez, a Asc. EuroEume un texto con actuacións pechadas e cun orzamento para a xestión do mesmo que representa o 10 % da inversión total.


O 5 de Decembro solicitouselle unha entrevista urxente ao Sr. Villamar para tratar a mellor implementación do Plan, comunicándoselle textualmente que “poñemonos a súa disposición para poder tratar canto antes o mellor desenvolvemento do Plan, reunión na que estarían presentes os Alcaldes dos concellos implicados así como os representantes do CIT Eumeturismo e EuroEume”. A carta iba firmada por nove Alcaldes, dos tres partidos principais do territorio, e os presidentes do CIT Eumeturismo e EuroEume .
O Sr. Pablo Villamar recibiu finalmente a sete Alcaldes do territorio e aos presidentes do CIT Eumeturismo e EuroEume o pasado luns 28 de Xaneiro, para informar de que “perdérase o convenio e de que entendía que o mellor era abordar actuacións puntuais en cada concello” (ver comunicado publicado na prensa de onte, dia 22).
Tal e como se lle adiantabamos ao Sr. Villamar nun escrito do pasado 19 de Xuño de 2.006, cando anunciou o Plan na prensa:
“no Eume vense traballando dende o ano 1.998 na aplicación dunha estratexia de desenvolvemento turístico. Así dende entón e ata o dia de hoxe promovéronse e apoiaronse numerosas actuacións relacionadas coa Interpretación territorial e posta en valor dos recursos, a creación de nova oferta turística, mellora do destino turístico, a formación, a promoción e comercialización, etc. Os resultados deste traballo son coñecidos e visibles, pero tamén somos conscientes de que esta estratexia ainda esta vixente, e dicir estamos en plena implementación. Polo que entedemos oportuno darlle continuidade a estratexia en marcha. O obxeto desta carta e poñernos a súa disposición e ofrecerlle a nosa cooperación para o mellor desenvolvemento do territorio. Xa que estamos convencidos de que a única maneira de acadar dito desenvolvemento é a concertación en torno a un Plan ou obxectivo e a coordinación e cooperación de esforzos entre as diferentes administracións e entidades que traballan nun territorio”.
Así reiteramonos na nosa invitación para que o Sr. Villamar participe do traballo e consenso da comarca, na que xa están os Alcaldes e os axentes sociais e económicos do territorio (CIT Eumeturismo, Asc. de Empresarios de Turismo do Eume e Asc. EuroEume), recupere administrativamente dito convenio (únicamente arredor dun Plan consensuado podemos ter impacto e avanzar na construcción do destino turísitico do Eume “Eumeturismo”) e implique as entidades xa existentes na comarca na xestión do mesmo.