galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Seminario “O Coidado das persoas coidadoras” na Capela
Seminario “O Coidado das persoas coidadoras” na Capela
23/01/2008
O vindeiro 18 de febreiro comezará na Casa da Cultura do concello da Capela o seminario “O Coidado das persoas coidadoras”. Este seminario está organizado polo Concello da Capela e pola Asociación Euroeume no marco do Proxecto EuMuller 2007, e o impartirán a psicóloga Mari Carmen Rego, e a terapeuta ocupacional María Carmen Fernández.

O seminario traballa, ao longo de 4 sesións, aspectos que axudan a mellorar a saúde e benestar das persoas coidadoras informais creando un espazo de respiro grupal. Os contidos das sesións abarcan temas como a persoa coidadora, o coidado da persoa coidadora, solucións prácticas para favorecer a independencia e a autoestima da persoa dependente e técnicas psicolóxicas para as coidadoras e coidadores.

O seminario é gratuito, e o número de prazas está limitado a 15 persoas. Para aquelas persoas interesadas en participar no seminario, poden contactar con América Uceira, Traballadora Social do Concello da Capela pasando polas oficinas do Concello.

Anteriormente, no marco do Equal Muller XXI realizáronse outros catro seminarios nas Pontes, Cabanas, Monfero e Moeche, cubríndose as expectativas de afluencia, e na actualidade estase a desenvolver unha edición do Seminario no Concello de San Sadurniño, que rematará o día 11 de febreiro.