galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Euroeume xestionará as visitas do Mosteiro de Caaveiro
Euroeume xestionará as visitas do Mosteiro de Caaveiro
30/12/2007
A proposta presentada pola Asociación Euroeume foi a elexida pola Deputación da Coruña para xestionar o servizo de atención aos visitantes do mosteiro de Caaveiro durante os vindeiros dous anos. E dicir, Euroeume será a encargada de organizar as visitas guiadas polo interior do cenobio recentemente restaurado.

A proposta de Euroeume para Caaveiro consiste en ampliar os servizos ofrecidos creando unha xornada semanal destinada a que as escolas visiten o cenobio de maneira gratuita.

O réxime e condicións de visitas serán básicamente as mesmas que durante o ano pasado, é dicir, as visitas serán gratuítas, e sempre guiadas en grupos dun máximo de vinte persoas.

Os periodos de apertura do mosteiro serán os seguintes:

Entre o 1 de xaneiro e o 25 de marzo, e desde o 1 de outubro ata finalizar o ano, o Mosteiro abrirá nas fins de semana e festivos, entre as 11:00 e as 17:00 h.

Durante as épocas da tempada alta turística, é dicir, en Semana Santa e o verán (1 de xuño a 30 de setembro), o cenobio abrirá as súas portas todos os días da semana. Entre estes dous periódos o Mosteiro abrirá nas fins de semana e festivos, entre as 12:00 e as 18:00 h.