galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
O Proxecto EUMEXOVEN organizou distinos
O Proxecto EUMEXOVEN organizou distinos
27/12/2007
Enmarcados no Proxecto EumeXoven celebraronse os Foros da Mocidade EumeXoven 2007. Foros que teñen como obxectivo escoitar a voz da mocidade asi como coñecer a súa visión do territorio, futuro, necesidades e expectativas. Ao longo do mes de decembro celebraronse os seguintes foros: O 4 de decembro Foro da Mocidade Cabanas-Pontedeume, o 15 de decembro Foro de Mocidade Monfero-Vilarmaior, o 19 de decembro Foro de Mocidade As Pontes e 20 de decembro Foro de Mocidade San Sadurniño.

Os Foros da Mocidade tiveron lugar en distintos espazos, por unha banda en centros educativos, colexios e institutos do territorio e por outra banda, espazos como Alvarella. Os foros compartiron unha temática común pero ademáis cada un tratatou uns temas específicos. Así os Foros de San Sadurniño e As Pontes traballarán temas de xénero e coeducación, o de Cabanas-Pontedeume Educación para a Saúde e o de Monfero-Vilarmaior Educación Ambiental.